26 de octubre de 2007

1º Congreso Internacional sobre Violencia de Xénero en Santiago de Compostela


A Sala Mozart do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle do 15 ao 17 de novembro o 1º Congreso Internacional sobre Violencia de Xénero, tres xornadas nas que preto dunha vintena de profesionais e representantes de diferentes colectivos implicados na materia abordarán o problema da violencia de xénero de xeito interdisciplinar e dando a coñecer os últimos estudos e investigacións relacionados con esta problemática.

Entre outras moitas personalidades, pasarán polo Auditorio de Galicia nestes días o prestixioso psicólogo arxentino Jorge Corsi, a escritora catalana Gemma Lienas, o eurodeputado catalán Raúl Romeva, a antropóloga e feminista mexinaca Marcela Lagarde ou as investigadoras Trinidad Núñez e Pilar López Díaz.
Para obter máis información chama ao 981 935 346 ou envia un correo a: congresoviolenciadexenero@trevisani.es

No hay comentarios: